O director do Museo diversificará o tipo de exposicións tras o éxito da mostra de Sete Espadelas
José Manuel Rey, o director do Museo de Pontevedra, manifesta a súa satisfacción polo éxito da exposición 'Galicia, a terra dos mil panos' que concluía este domingo 1 de setembro. A mostra foi visitada por 10.558 persoas, das que 380 participaron nas visitas guiadas a cargo dos comisarios, integrantes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas.
Este éxito da mostra comisariada por José Luis Rodríguez e David Quiñones que multiplicaron os tres pases previstos inicialmente debido á afluencia de público, tanto de Galicia como do resto do Estado e mesmo internacionais. Por este motivo, chegáronse a ampliar dous días máis os pases para facer fronte á demanda para ver esta mostra de tecidos e mantóns utilizados na vestimenta galega durante os séculos XIX e XX..
Estes datos levan a José Manuel Rey a concluír que é preciso diversificar tipoloxías das exposicións de fronte ao futuro.
Trátase da mostra máis visitada neste 2019 no Museo de Pontevedra. Rexistráronse en total no que vai de ano 58.699 visitas, das que preto de 9.400 corresponden ao mes de agosto. Este ano en comparación cos anteriores as cifras de visitas baixaron, segundo indican desde o Museo, debido ao peche das Ruínas de San Domingos, que por cuestións técnicas permanecen pechadas ao público.
Relacionadas:
-
Nove premios máis para a asociación Sete Espadelas no certame do Día do Enxalzamento do Traxe Galego
Por Redacción |
-
Os de Algures e Sete Espadelas convidan a botar 'Unha ollada polas arcas pechadas' este venres no Principal
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Sete Espadelas obtén dous galardóns nos Premios de Investigación Antonio Fraguas na súa XXV edición
Por Redacción |
-
Os traxes tradicionais de Sete Espadelas exhíbense nos escaparates das galerías da Oliva
Por Redacción |
-
Novas visitas guiadas á mostra "Galiza, a terra dos mil panos"
Por Redacción |
-
O Museo amplía as visitas guiadas á exposición 'Galicia, a terra dos mil panos'
Por Almu Dapena |
-
O Museo estrea unha colección que percorre a historia da indumentaria galega dos séculos XIX e XX
Por Redacción |
-
Novo éxito de Sete Espadelas no concurso do Día do Enxalzamento do Traxe Galego
Por Redacción |