Sete persoas de perfil "absolutamente técnico" conformarán o Consello Asesor do Museo

Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, presentou este martes o regulamento do Consello Asesor do Museo de Pontevedra que estará conformado por un máximo de sete persoas dun perfil "absolutamente técnico".
A idea é, segundo recóllese no propio regulamento, dotar ao Museo dunha maior eficacia na súa xestión e propiciar unha participación cualificada de diferentes axentes sociais na configuración do seu futuro, inspirándose nos principios democráticos e de participación.
"Optouse pola fórmula administrativamente máis lixeira, evitando crear novas estruturas", explicou o vicepresidente.
César Mosquera avanzou en rolda de prensa que este Consello Asesor operará en condicións de autonomía e estabilidade no desempeño do seu labor para exercer unha supervisión das liñas estratéxicas do Museo.
Para iso quíxose "evitar que sexa unha mesa de institucións, unha comisión informativa, ou un foro político" centrándoo "en exclusiva" en "persoas de corte profesional técnico" que acheguen as súas ideas para o mellor funcionamento do Museo.
Dez persoas compoñerán o Consello Asesor que estará encabezado pola presidenta da Deputación ou o deputado delegado que teña as competencias desta institución cultural, o director do Museo e a xefa de xestión, xunto a un máximo de sete vocais, que serán persoas de "recoñecida solvencia" neste ámbito.
Establécese un mandato de catro anos para os membros do Consello Asesor "para evitar que se perpetúe", establécese un "procedemento selección e de renovación extremadamente áxil" e nomearanse a proposta do director do Museo.
O vicepresidente da Deputación declarou que "esperemos que dea moi bos resultados".
O regulamento coa creación do Consello Asesor irá ao próximo pleno para a súa aprobación definitiva e "esperemos que polos prazos que hai poida estar operativo para finais de ano", sinalou Mosquera Lorenzo.
Relacionadas:
-
O Museo busca nova imaxe e quere fomentar ligazóns co Camiño Portugués
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Sete especialistas para un Consello Asesor que afaste ao Museo Provincial dunha dirección "excesivamente personalista"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Museo unirá baixo terra os edificios Castro Monteagudo, García Flórez e Fernández López
Por Alejandro Espiño |
-
O PP presenta alegacións para evitar "inxerencias políticas" na elección do consello asesor do Museo
Por Redacción |
-
Construirán un novo edificio para albergar a colección arqueolóxica do Museo
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación converterá o Museo de Pontevedra nun organismo autónomo cun consello asesor
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |