O Ameixa Rock de Carril chega a súa sétima edición
Por Redacción
Esta fin de semana, 6, 7 e 8 de setembro, celebrarase a sétima edición do Ameixa Rock en Carril.
O programa de actividades comeza o venres a partires das 19:00 horas coa actuación do Paiaso Dani García na Praia da Cobacha. Ás 20:00 horas saldrá a visita nocturna guiada a Illa de Cortegada onde se poderá desfrutar do solpor e das diferentes constelacións coa guía astronómica.
Ás 22:30 na Praia da Cobacha, terá lugar o Carnaval Rock, con agasaios para todos os que se acheguen disfrazados e coa banda sonora proposta pola Duendeneta.
O sábado comenzan as viaxes a Cortegada ás 12:00 horas, á mesma hora, na Praza da Liberdade, abrirá a Feira Solidaria, e ás 13:00 comenzará unha sesión vermú, a cargo do dúo vilagarcián The Perfect Strangers.
Xa pola tarde, seguen as viaxes a Cortegada e ás 17:30 horas para os máis cativos, as Olimpiadas mariñeiras na Praia da Cobacha, con xogos populares aplicadas ao mar.
Despois sobre as 19:00 horas, na praza da Liberdade o espectáculo de Assircópatas de Culturactiva. E xa o prato forte do Festival, a partires das 21:00 horas, DJ Barbitúrico irá quentando motores na zona do Peirao, dando paso a Malasömbra, grupo gañador do III Concurso de Bandas Emerxentes, e despois: Terbutalina; N.E.O.; TNT Band; DJ Barbitúrico, para rematar a festa.
Finalmente o domingo, seguen as actividades, a partires das 11:00 horas, no monte de San Roque, exhibición de Canicross, e ao mediodía, sesión vermú a cargo de The Velvet Crab, para cerrar a edición deste ano do Festival.