A muller e a música, protagonistas no VII Memorial Antonio Fernández
Por Almu Dapena
A concelleira Beatriz Rodríguez presentou este mércores a VII Edición do Memorial Antonio Fernández no Concello de Marín.
Este ano, o obxectivo do memorial é recoñecer o traballo das mulleres que traballaron e traballan para que a tradición musical perdure no tempo.
É por iso que o sábado 7 será o Festival Infantil no que participarán a Escola de Danza Vila Baiona, o Grupo Abeloura, a Asociación Cultural Mecos O Grove e a Asociación Cultural Buxainas ós pés.
O domingo tamén estará cargado de sorpresas. Ademais das actuacións de As Chaneiras, Pandereteiras e a Banda MusiMarín, realizarase unha homenaxe á primeira Chaneira, Rosa Díaz, e coa Banda MusiMarín actuará Montse Ogando.
O acto, que se foi consolidando co paso dos anos ata conseguir facerse un oco na axenda cultural marinense, celebrarase os días 7 e 8 de setembro na alameda Rosalía de Castro de Marín.
Relacionadas:
-
O Concello de Marín fai un balance moi positivo das Festas da Virxe do Porto
Por Redacción |
-
Marín encherase de música durante as festas da Virxe do Porto
Por Almu Dapena |
-
Marín recupera a celebración da festa de San Caralampio, patrón dos "chiquiteiros"
Por Redacción |
-
En Marín reutilízase, recíclase e regálase co Mercadillo 3R
Por Almu Dapena |