A 'Mostra Wanderlust Galicia-Baviera' homenaxea o pintor marinense José Teijeira
Por Redacción
O Concello de Marín acollerá a partir do próximo 17 de setembro a 'Mostra Wanderlust Galicia-Baviera', un intercambio artístico entre a comunidade galega e o estado alemán cunha nova homenaxe a José Teijeira, un dos pintores marinentes máis afarnados.
É por iso que, un ano máis, Marín foi escollida para realizar a nova edición da mostra que se repartirá entre o Museo Manuel Torres e o Ateneo de Santa Cecilia.
Na exposición poderanse ver obras dos artistas galegos Alfonso Costas, Amelia Palacios ou Pedro Bueno, e dos artistas de Baviera Waltraud Danzig, Felix Klee ou Helmut Maria Heuwerth, entre outros.
Este intercambio entre artistas galegos e alemáns, xurdiu hai 23 anos, onde obras de artistas galegos foron expostas en diferentes lugares de Baviera (Munich, Passau, Tittling...), e as de pintores alemáns puideron verse en puntos diversos da xeografía galega (Pontevedra, Santiago de Compostela, Marín...).
Paralelamente á actividade expositiva, os participantes no intercambio puideron gozar da experiencia de convivir no que se coñecen como residencias de artistas, tanto en Galicia como en Baviera.