A caboverdiana Mayra Andrade, estrela central nunha xornada ateigada de actividades no Cantos na Maré
Por Redacción
A cantante brasileira Bia Ferreira indicaba na noite deste venres durante os concertos na Praza da Pedreira que somos parte da evolución. A principal protagonista nos concertos da noite presentou os temas do seu último traballo discográfico, 'Igreja Lesbiteria, un chamado'.
Este sábado 14 continúan as actividades e concertos que se encadran no Festival de Cantos na Maré que se desenvolve durante esta fin de semana en Pontevedra en diferentes escenarios.
Ao longo da mañá, Magín Blanco presentará no Museo o seu espectáculo para público infantil 'Camiños', a partir das 11.30 horas. Durante a tarde, a partir das 16.30 horas vai realizarse unha visita guiada pola Colección de obras do Museo, que rematará co concerto do pianista Brais González. Ás 18.00 horas proxectarase tamén no Sexto Edificio do Museo o documental 'Onde estás Joao Gilberto', de Georges Gachot, que dará paso a Aritmar Poesía na Maré, con Rosalía F. Rial, Lois Pérez e Lucía Aldao.
Tamén a Libraría Paz acolle este sábado ás 13.00 horas, a presentación do libro 'Guadi Galego, pola beira da canción', unha obra de Pepe Cunha, que estará presente xunto á cantante e os xornalistas Teresa Cuíñas e Carlos Crespo. Ademais, os clowns portugueses Irmàos Esferovite percorrerán as rúas da cidade tanto ao mediodía como a media tarde.
Os concertos na Pedreira comezarán ás 19.00 horas con Livia Mattos, Zeltia Irevire, Tierra Fértil, Assa Matusse, Brazil Dub e NaPalma.
E a actuación estelar deste sábado chega da man de Mayra Andrade, representante do pop tropical, que ofrecerá un recital ás 20.30 horas no escenario do Pazo da Cultura. A cantante caboverdiana presenta o seu quinto álbum, que leva por título 'Manga' e o concerto ofrecerá sons da música africana con base caboverdiana.
Toda a programación de Cantos na Maré pode consultarse neste enlace e as entradas poden adquirirse a través de http://cantosnamare2019.
Relacionadas:
-
'Enredadas' con Carmen París, Martirio, Uxía e Ugía Pedreira pon fin a Cantos na Maré
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Mayra Andrade deixa pegada no seu concerto en Cantos na Maré, que conclúe este domingo con Enredadas
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
RADIO.- A mar de cantos volve recalar en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Antón Reixa, principal estrela dos actos que Cantos na Maré desenvolverá no Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
As mulleres comprometidas, protagonistas centrais no 15 aniversario de Cantos na Maré
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Enredadas, o proxecto conxunto de Uxía, Martirio, Carmen París e Ugia Pedreira, pechará Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Cantos na Maré celebra o seu 15 aniversario cunha oferta de bonos a 30 euros
Por Redacción |