'The Christmas Gift/Cadoul de Craciun', Ánfora de Ouro no Ficbueu 2019
Por Redacción
Rematou a duodécima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) cun novo éxito de presenza de espectadores e de calidade das películas proxectadas.
Ás 21.00 horas deste sábado iniciábase a gala de clausura na que se entregaban os galardóns ás obras premiadas cun aforamento ateigado de espectadores no Centro Social do Mar, de Bueu. A cerimonia foi conducida polo actor César Aldea acompañado polo pianista Severiano Casalderrey.
O director romanés Bodan Muresanu recibía a Ánfora de Ouro de mans do alcalde en funcións Julio Villanueva pola curta gañadora do FICBUEU 2019: 'The Christmas Gift/Cadoul de Craciun', que tamén obtivo o premio ao mellor guión. A Ánfora de Prata foi para Lake of Happiness, o seu director Aliaksei Paulyan recolleu o galardón de mans da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) foi o encargado de anunciar un dos premios máis agardados, o do Público. Nesta ocasión foi para a curta 'Memorable', de Bruno Collet.
O premio á mellor curtametraxe galega levouno La Noche - Cortometraje, de Martin Romero. Mentres que o Premio Fundación Novas á mellor obra española recaeu en '592 metroz goiti', de Maddi Barber. Suso Novás, membro do xurado experimental, anunciaba que o Premio á mellor curta experimental levábao 'Blue', de Apichatpong Weerasethakul. E o premio CREA á mellor dirección se foi a mans de Jeremy Comte, por 'Fauve'.
En canto ao apartado interpretativo, a mellor actriz foi Anastasiya Plyats, por Lake of Happiness e o mellor actor, Adrian Vancica, protagonista da curta triunfadora da noite, The Christmas Gift/Cadoul de Craciun.
Relacionadas:
-
O FICBUEU marca un novo récord coa asistencia de máis de 18.000 persoas
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist dun dos Goya galegos: Luis Zahera
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Conta atrás para o FICBUEU, cultura a rebordar durante nove días
Por Marisa Ciordia |
-
Récord na duodécima edición do FICBUEU con 128 filmes e 65 actividades programadas
Por Almu Dapena |