'Enredadas' con Carmen París, Martirio, Uxía e Ugía Pedreira pon fin a Cantos na Maré
Por Diego Torrado & Redacción
O Pazo da Cultura acollía este domingo o concerto final da décimo quinta edición de Cantos na Maré. O recital do proxecto Enredadas pechaba esta edición con catro artistas da calidade de Carmen París, Martirio, Uxía e Ugía Pedreira poñendo todo o seu talento sobre o escenario para combinar desde xotas renovadas a música tradicional de Galicia.
Toda a xornada do domingo estivo marcada pola presenza de música e poesía en diversos escenarios da cidade. Xurxo Souto, o fundador dos Diplomáticos de Monte Alto, comandaba unha visita guiada pola cidade. O polifacético Antón Reixa ofrecía unha performance baseada no imaxes e palabras no Sexto Edificio do Museo.
Tamén no Teatro Principal, María Joâo e o pianista Pablo Lampidusas propoñían música de jazz de mañá e Clara Peya irrompía durante a tarde no mesmo escenario co seu particular estilo musical. O Coro da Mariña, con Ugía Pedreira, tamén deixaba o seu ronsel na Praza da Pedreira.