"Éxito" de asistencia á exposición 'Novos Valores 2019'
Por Redacción
A exposición 'Novos Valores 2019', fomada por 31 pezas seleccionadas e as catro creacións recoñecidas coas bolsas para novos artistas, foi visitada no Museo de Pontevedra por ao redor de 7.500 persoas.
As pezas principais que estaban expostas foron 'Ordersound', creada por Mohamed El Amine Asselman; 'La mirada que escucha', de Elena Matamoro Gómez de los Infantes; 'Habitación nºA' de Rosa Pardal Aragunde; e a escultura denominada 'Maleza' de Alba Castillo Costa.
Ademais destas catro obras galardoadas con bolsas de 7.500 euros, o xurado tamén seleccionou outras 31 pezas entre as que se recollen 7 gravados, 3 debuxos, 7 pinturas, 5 esculturas, 9 fotografías, 3 varios e unha peza audiovisual das que puideron gozar as máis de 7.000 persoas que visitaron a colección.
A Deputación de Pontevedra considera un "éxito" a afluencia de público á mostra. Ao longo do mes de agosto e desde a súa inauguración o día 8, foi visitada por 5.782 persoas, e entre principios do mes de setembro e o día do seu clausura, o pasado domingo, por 1.686.
Pola súa banda, o Museo de Pontevedra manterá o programa de visitas guiadas gratuítas organizado para os meses de verán durante todo o mes de setembro no mesmo horario. Así, todas as persoas que o desexen, poderán percorrer as coleccións do museo acompañadas de persoal técnico sen necesidade de concretar cita.
Así mesmo, a Deputación lembra que as visitas individuais aos edificios Sexto e Sarmiento serán de martes a sábado a partir das 12:00 e das 18:00 horas e os domingos haberá unha única rolda ás 12:00 horas.
Relacionadas:
-
Os catro Novos Valores 2018 expoñen as súas creacións artísticas no Museo
Por Redacción |
-
As obras de 35 artistas poderanse ver no Museo de Pontevedra con motivo da exposición 'Novos Valores'
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Catro estudantes de Belas Arten triunfan no certame Novos Valores
Por Redacción |