Gustavo Almeida opta a 5 nominacións nos Latin Grammys 2019
Por Redacción
O cantautor brasileiro Gustavo Almeida, opta a entrar no grupo dos nomeados aos Premios Grammy latinos 2019.
Despois de que o ano pasado quedase ás portas dun nomeamento na categoría 'Grabación del año' coa súa canción 'Foi de repente', este ano pode meterse nos nomeamentos a cinco categorías.
Co seu novo disco 'Vértice', Almeida opta a 'Álbum do ano', 'Mellor álbum cantautor', 'Gravación do ano' e 'Canción do ano' con 'Conexión' / 'Tú nunca estarás sola', e a 'Mellor deseño'.
'Vértice' foi sacado en físico no formato disco-libro, foi producido por un dos mellores e con máis prestixio produtores deste país, o valenciano Nacho Mañó, que tamén conta cun Grammy latino no seu currículo.
A lista de nomeados saberase o próximo 24 de setembro e a Gala da 20ª entrega de anual do Latin GRAMMY será o 14 de novembro, no MGM Gran Garden Area da cidade de Los Ángeles (EUA).
O artista, de orixe brasileira, chegou a Galicia a mediados da década dos 80 como futbolista do Real Club Celta de Vigo. Pero finalmente a súa vea artística levoulle a ser un dos referentes musicais dos escenarios galegos.
Relacionadas:
-
Gustavo Almeida e Teo Cardalda unen as súas voces en "Entre o ceo e o esquecemento"
Por Redacción |
-
RADIO.- Comezamos ano con Grammy Latino no Cara a cara
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- A playlist de... Gustavo Almeida, o 'Vértice' entre o fútbol e a música
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Gustavo Almeida publica o seu cuarto disco, 'Vértice', este 14 de febreiro
Por Redacción |