Arte pictórica de Antón Sobral e poesía cohabitan este venres no Espazo Nemonon
Por Redacción
Este venres 27 de setembro o Espazo Nemonon, situado na rúa Riestra, en Villa Pilar, ofrece un recital de poesía baixo o título 'Poesía e paisaxe', unha proposta en que dez poetas: Xaime Toxo, Carmen Quinteiro, Ana Corzo, Francisco Fernández Naval, Niña Burbuja, Xesús Franco, Elisabeth Oliveira, Benito Piñeiro, Isabel García Uría e Antón Sobral darán voz aos seus últimos traballos. A cita será ás 19.00 horas.
A continuación, tras o recital, desenvolverase unha visita guiada pola exposición 'Soñar non custa nada', do pintor Antón Sobral. Unha mostra que se atopa no Espazo Nemonon e que se pode visitar ata o 5 de outubro en horario de luns a venres de 12.00 a 14 horas e de 19.00 a 21.00 horas. Os sábados, a apertura é só matinal, de 12.00 a 14.00 horas.
Nesa exposición hai unha parte que leva por título Fame Cero e que quere poñer en evidencia o grave problema da desnutrición e da fame no planeta. Trátase de traballos que pretenden a través da arte facer visible este problema e concienciar ao espectador.
Antón Sobral é un artista multidisciplinar que leva realizando exposicións de carácter internacional desde o ano 1968, con máis de 300 mostras. Na que estes días pódese ver en Pontevedra pretende ofrecer a diversidade de propostas artísticas que se desenvolven actualmente.