O colexio de Campañó estrea con gran éxito a curtametraxe 'Atopando o Camiño"
Por Redacción & Cristina Saiz
Cun patio de butacas cheo a rebordar, a comunidade escolar do CEIP Parada-Campañó estreou este xoves no Teatro Principal a curtametraxe ' Atopando o Camiño', completando así dous anos de intenso traballo.
Esta peza audiovisual, dirixida pola profesora María Fanjul e o crítico de cine e guionista Andrés Castro, foi realizada no propio colexio e mostra a aprendizaxe que para un grupo de nenos -coas súas personalidades- supón realizar o Camiño de Santiago.
Ademais, contan coa colaboración da actriz Raquel Queizás, Enrique Mauricio e Carlos Taboada de Polo Correo do Vento e do gaiteiro Óscar Ibáñez, que pon banda sonora a esta curtametraxe coa música do seu último disco, Alén do Mar.