O ciclo de cinema de Afundación trae a proxección de catro películas a Pontevedra
Por Redacción
Afundación presentou este mércores o seu novo ciclo de cinema que nesta ocasión terá unha programación centrada en problemas como a marxinación, a crise esconómica, a pederastia, o racismo, o abandono ou a adopción. Baixo o título Voces Rotas, a obra social de Abanca exhibirá nos seus centros de Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago unha serie de catro películas.
As cintas que compoñen o ciclo, cuxo acceso é gratuíto ata completar aforo, son The Florida Project, Spotlight, La Forma del Agua e Lion.
A primeira proxección no centro pontevedrés terá lugar o 15 de outubro coa visualización de Lion, estreada no 2016 e dirixida por Garth Davis. O 22 de outubro será a quenda de Spotlight (2015) de Thomas McCarthy; o 29, La Forma del Agua (2017) de Guillermo del Toro; e o 5 de novembro péchase o ciclo coa exhibición de The Florida Project (2017), de Sean Baker.
Relacionadas:
-
'Lion' e 'All That Heaven Allows', dobre cita cinéfila en Pontevedra
Por Enrique Morales |
-
O Espazo +60 Afundación de Pontevedra comeza un novo curso cheo de novidades
Por Noticia patrocinada |
-
Pontevedra acolle un debate público sobre a prostitución polo Día contra a Trata de Persoas
Por Oskar Viéitez |
-
O Café Moderno exhibe a premiada colección fotográfica de Alfonso Almendros
Por Redacción |