Rosa Caramelo alegrará a tarde do domingo ao público infantil
Por Redacción
Ás 18.00 horas deste domingo 13, o Centro Social do Mar de Bueu acollerá o espectácul infantil 'Rosa Caramelo e outras historias', da compañía teatral Talía Teatro.
A obra baséase en contos de Adela Turín e está interpretada por Artur Trillo e Fernando Fraga, baixo a dirección de paula Carballeira. Os estereotipos de xénero centran o argumento das catro historias que conforman o espectáculo, con música en directo.
Esta proposta escénica ofrece a historia de Margarita, a única do seu grupo que vive illada nun xardín e non consegue ter unha cor de pel rosa caramelo. A idea do espectáculo é evitar as ideas impostas asumidas por sectores sociais e incrementar a perspectiva da liberdade en relación coas fórmulas impostas e o papel das mulleres e os homes.
A entrada é libre ata completar as butacas do recinto.