O certame Curtas Armadiña recoñece coa súa áncora máis especial á directora e actriz Sonia Méndez
Por Redacción
O certame audiovisual Curtas Armadiña recoñece coa súa áncora máis especial a Sonia Méndez. A directora e actriz, que naceu en Vigo e transitou por distintos lugares pasando parte da súa infancia e adolescencia en Poio. O festival pretende recoñecer e destacar o labor dunha profesional do audiovisual galego contemporáneo.
Sonia Méndez formouse en diferentes campos do terreo audiovisual, desde a dirección á interpretación pasando por produción, guión e realización. Desde o ano 2014 dirixe o Carballo Interplay, primeiro festival de webseries e contidos dixitais en España.
Forma parte da Asociación de Directores e Directoras de Galicia (CREA), do Observatorio Audiovisual de Galicia, da Academia Galega do Audiovisual e da Asociación de Mulleres Cineastas.
Entre outras curtas dirixiu, guionizou e producía 'Perversa Lola', 'Ei, Guapa' ou a webserie 'Angélicia & Roberta'. Tamén dirixiu a través da súa produtora a serie dixital para Playz-RTVE, 'Antes de perder'.
Na súa carreira como actriz participou en películas como 'Rafael', 'Una mujer invisible' ou 'El sexo de los Ángeles', ademais de en series televisivas como 'Terras de Miranda', 'Serramoura' ou 'Cuéntame cómo pasó'.
O Curtas Armadiña se celebrará entre o 11 e o 17 de novembro en Poio coa entrega do galardón a Sonia Méndez na gala de clausura.