Mestres rusos protagonizan o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
Pezas de Prokofiev e Shostakovich soaron no concerto que a Orquestra Sinfónica de Galicia ofreceu este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Problemas de saúde impediron que a orquestra estivese dirixida polo mestre ruso Vladimir Fedoséyev e, no seu lugar, a batuta da formación foi para o recentemente nomeado director asociado, José Trigueros.
O concerto, organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra, contou ademais coa colaboración como solista da pianista moscovita Varvara.
A orquestra ofreceu ao público pontevedrés un programa co Concerto para piano e orquestra nº 2, op. 16, de Prokofiev; e a Sinfonía nº 10, op. 93, de Shostakovich.