Catro alumnas de Belas Artes, finalistas do Premio Talento Artístico entre estudantes de toda España
Por Redacción
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra é o centro con maior representación entre os finalistas da segunda edición do Premio Talento Artístico, que promove a entidade Aforro Corporación Financeira (ACF), coa Univeridad Francisco de Vitoria como coordinador académico.
Preto dun cento de obras correspondentes a traballos de fin de grao de diferentes universidades do estado concorreron a este certame, resultado 17 das creacións finalistas.
No caso da facultade pontevedresa foron seleccionadas catro das súas alumnas: Mireia Bruguera, Sara Pena, Carmen Quintáns e María Adelaida Brandón.
Xunto a Vigo, as universidades de Barcelona e Francisco de Vitoria, Politécnica de Valencia, Zaragoza, Málaga, La Laguna e Miguel Hernández están representadas nas candidaturas dun certame aberto a traballos presentados con posterioridade ao curso 2016-2017.
O ou a gañadora conseguirá un premio de 6.000 euros, aínda que tamén hai en xogo dous accésits de 3.000 euros. Ademais as obras seleccionadas formarán parte da exposición que ACF promoverá entre o 7 e o 17 de novembro na Galería Jorge Alcolea de Madrid.
Relacionadas:
-
Triunfan os traballos de fin de grao do alumnado de Belas Artes
Por Redacción |
-
"Abrir unha etapa de diálogo" e "reivindicar Belas Artes", entre os obxectivos do novo decano
Por Almu Dapena |
-
Deseño e Creación terá facultade propia en Pontevedra dentro de Belas Artes
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Catro estudantes de Belas Arten triunfan no certame Novos Valores
Por Redacción |