Glen Hansard culmina por todo o alto o ciclo 'Voices'
Por Diego Torrado & Redacción
Glen Hansard segue o ronsel de nomes sacros no mundo da música como Bob Dylan, Tom Waits ou Van Morrison. Así o demostrou durante a noite deste venres no Pazo da Cultura nun concerto que encheu o auditorio con público de todas as idades.
O músico irlandés presentaba nesta cita o seu último traballo discográfico, que leva por título 'This Wild Willing', no que afronta novas fórmulas musicais máis aló do seu tradicional estilo folk indie, movéndose entre o salvaxe e a calma.
Glen Hansard ofrece nas letras dos seus temas referencias literarias e foi gañador dun Oscar á mellor canción no ano 2008. Liderou as agrupacións The Frames e The Swell Season, ademais de participar como intérprete en películas tan simbólicas musicalmente como 'The Commitments' de Alan Parker', 'Once', de John Carney ou o documental 'The Swell Season'.
Con este concerto remataba o ciclo 'Voices', que ao longo do ano deixou actuacións estelares en Pontevedra como a do pianista James Rhodes ou Luisa Sobral.
Relacionadas:
-
The Jayhawks e Guadi Galego únense a Quique González no ciclo Voices
Por Alejandro Espiño |
-
O 2019 garda a lembranza de Antonio Fraguas, abre o futuro do Museo e deixa a pegada de James Rhodes e Rozalén
Por Diego Torrado & Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Quique González actuará no Pazo da Cultura en xaneiro na apertura do novo ciclo de 'Voices'
Por Redacción |
-
Glen Hansard porá o broche de ouro ao ciclo musical Voices
Por Alejandro Espiño |
-
James Rhodes hipnotiza no Pazo da Cultura. "Sinto Galicia como a miña segunda casa"
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Luísa Sobral, unha 'Rosa' que brilla no Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado |