Dous libros de Kalandraka participarán na exposición de Libros Mellor Editados no Mundo nas feiras de Frankfurt e Leipzig
Por Redacción
A concesión dos Premios Nacionais ás obras 'Cándido y los demás' e 'Cara de velocidad', como primeiro e terceiro premio aos libros infantís e xuvenís mellor editados permitirá que en 2020 estas dúas publicacións da editorial Kalandraka formen parte da exposición Libros Mellor Editados no Mundo que se realizará nas feiras internacionais de Frankfurt e de Leipzig.
“Cándido y los demás”, de Fran Pintadera y Christian Inaraja, e “Cara de velocidad”, de Marga Tojo y María Hergueta tamén foron galardoadas co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado e co Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niñas y Niños, organizados polos departamentos de Educación destes concellos en colaboración con Kalandraka. É a primeira vez que coinciden estes premios cos Premios Nacionais.
'Cara de velocidad' preséntase como unha proposta pola liberdade fronte ás dificultades, a través de humor e de imaxinación. pola súa banda, 'Cándido y los demás' propón unha reflexión sobre o dereito á expresión e a aceptación social.
Durante este mes de novembro, ambas as publicacións estarán presentes na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Xangai e na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México).