Unha oportunidade para descubrir o rock de AC/DC en familia
Por Oskar Viéitez
O auditorio de Afundación en Pontevedra acollerá o vindeiro domingo 17 de novembro, ás 12.00 horas, o concerto Rock en familia. Descubrindo a AC/DC. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.
Con este evento, preséntase para todos os públicos unha selección dalgunhas das pezas musicais máis emblemáticas de AC/DC e que xa son parte da historia do rock internacional.
En homenaxe a un dos grupos máis representativos da escena do rock mundial, Ballbreakers levará a escena un espectáculo no que a música e a teatralización característica de AC/DC servirán para que toda a familia poida gozar de cancións tan aplaudidas como Highway to Hell ou Thunderstruck.
Os organizadores aseguran que vivir os primeiros concertos cos teus fillos, sobriños ou netos á vez que descobren as mellores bandas da historia do rock será unha experiencia que nunca esquecerán.
Por certo que o volume da actuación será totalmente acorde aos oídos dos máis pequenos.