Malvárez Carleos presenta 'Scripta', a historia gráfica que narra a conexión entre unha lectora e un escritor
Por José Malvárez Carleos
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O creador José Malvárez Carleos publica neste mes de novembro un novo traballo, que leva por título 'Scripta', unha obra na que un escritor frustrado intenta escribir unha obra mestra, que lle permita triunfar no ámbito intelectual.
A historia céntrase tamén na figura dunha lectora que intenta localiza un libro perdido do seu autor favorito. Malvárez Carleos mergúllanos a través destes dous personaxes nunha aventura literaria na que, cada día en PontevedraViva, irá descubrindo a relación que se establece entre o escritor e a lectora.
JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS
O ilustrador coruñés formouse en Pontevedra, na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.
Cada día publica unha páxina das súas creacións en PontevedraViva, onde podes seguir a súa evolución gráfica e argumental. Ata o momento ten publicado os siguientes títulos neste periódico dixital: 'Ela e máis el', 'Soñadores'; 'Reverso'; 'La Posada de las Historias'; 'Narrador'; 'Pura ficción'; 'Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo', 'Viaxes entre viñetas', 'Escuridade', '100 Historias', '§' e 'Diante dos teus ollos'.
Con motivo da celebración do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico 2019 publicou en formato físico e dixital a través de Amazon o primeiro volume das historias de 'Narrador', que se pode adquirir a través deste enlace.
Relacionadas:
-
'Antología del (des)amor', o novo libro de José Málvarez Carleos protagonizado por Narrador
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
'Na procura da creatividade' de José Malvárez Carleos, a novela gráfica sobre unha nena que busca a orixe das historias
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'A derradeira viaxe' de Narrador, o protagonista das historias de José Malvárez continúa o seu periplo
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'Baile de historias', a escuridade persegue os protagonistas desta nova historia gráfica de José Malvárez
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'Alí onde nacen as estrelas': viaxa polo universo visual do debuxante José Malvárez Carleos
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
A proba de auga, de Anémona de Río, gaña o Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético
Por Oskar Viéitez |
-
'Diante dos teus ollos', nova historia gráfica de José Malvárez
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'§', humor filosófico a través das historias de José Malvárez Carleos
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
Adéntrate nas '100 Historias' que propón o autor gráfico José Malvárez Carleos
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada