Desakato, García Mc & Nación Quilombo e Balkan Paradise Orchestra, novidades para o SonRías Baixas
Por Redacción
O cartel da próxima edición do festival SonRías Baixas segue sumando novos nomes. Despois da confirmación de Kase.O, a organización anuncia as actuacións de Desakato, García Mc & Nación Quilombo e Balkan Paradise Orchestra.
A XVIII edición do festival celebrarase entre o 30 de xullo e o 1 de agosto no Multiusos da Estacada, en Bueu. As entradas sairán á venda este xoves ás 12 horas na páxina web oficial do festival cun prezo especial de 41 euros máis gastos para os tres días de concertos con acampada incluída. Ademais, desde a organización engaden que nos próximos días irán anunciando novos protagonistas.
Desakato é un dos maiores referentes do hardcore en español, mentres que García Mc leva dúas décadas entre os máis destacados do hip- hop galego e que este ano sorprenderá ao público cun innovador espectáculo á fronte de Naión Quilonbo. O vento, a percusión, a alegría e a paixón pola tradición balcanica exhibiraa no escenario morracense a Balkan Paradise Orchestra, comuesta por once mulleres capaces de transformar este xénero nun elixir de melodías tradicionais con ritmos de todo o mundo.
Ademais destas tres bandas, a organización confirmou hai unhas semanas a presenza de Kase.Ou no festival na que será unha das poucas oportunidades de gozar en España da xira de despedida do Círculo.
Relacionadas:
-
O festival SonRías Baixas aprázase ata o verán de 2021 mantendo a Kase.O como cabeza de cartel
Por Diego Espiño |
-
SonRías Baixas reconverte as súas festas de presentación en concertos nas redes sociais
Por Alejandro Espiño |
-
Ska-P, Rayden e El Kanka pechan a oferta musical do SonRías Baixas 2020
Por Alejandro Espiño |
-
O SonRías Baixas incorpora a El Drogas e Sara Hebe ao cartel da súa edición de 2020
Por Alejandro Espiño |
-
O SonRías Baixas 'ficha' o rapeiro Kase.O para a súa edición de 2020
Por Alejandro Espiño |
-
O Son Rías Baixas 2020, en marcha coa venda das primeiras entradas
Por Redacción |