O Ateneo de Pontevedra analiza a contribución dos editores galegos ao canon literario uruguaio
Por Redacción
O Espazo Nemonon acolle o vindeiro martes 19 de novembro, ás 20.00 horas, unha mesa redonda sobre a contribución dos editores galegos ao canon literario uruguaio no período que transcorre entre o século XIX ata a metade do século XX.
No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, intervirán a profesora de Literatura e Español Alejandra Torres Torres; o profesor de Historia Leonardo Guedes Marrero e a deseñadora gráfica e fotógrafa Carmen Carreiro Montero.
Durante esta charla analizarase a incidencia de Antonio Barreiro e Ramos e Francisco Vázquez Cores para consolidar o estado nacional e a actuación posterior dos irmáns Maximino e Claudio García nos procesos de modernización de Uruguai.
Tamén será obxecto de estudo a súa influencia en dous selos editoriais máis emblemáticos na segunda metade do século XX en Uruguai, as editoriais Alfa e Arca, que estaban dirixidas por Benito Milla e por Ángel Rama, respectivamente.