The Levitants e Denova actuarán o venres en Sala Karma
Por Redacción
A sala Karma acolle este venres o concerto de dúas bandas que levan o rock e o pop por bandeira. A partir das 22.30, os valisoletanos de The Levitants e os pontevedreses Denova farán soar as súas guitarras para o deleite dos numerosos seguidores que os seguen nos seus birlos por todo o territorio español.
As entradas atópanse xa á venda por 10 euros. Poden adquirirse no Pequeno, en Bullit Store ou a través do portal dixital wegow. com. De facerse cunha entrada o mesmo día do concerto, que empezará ás 22.30 horas con apertura de portas media hora antes, o prezo asciente a 12 euros.
Os amantes destes xéneros teñen unha oportunidade unica de gozar do son de dous grupos, cuxo número de seguidores non deixa de crecer. Os casteláns redefinen as bases do dark-rock levándoo a unha nova dimensión cunha proposta sonora inédita, pois non levan baixo. Mentres que os pontevedreses prometen noites de pop de alta voltaxe ao recuperar a esencia dos oitenta cun toque fresco, contemporáneo e extrovertido.