Clásicos do rock, versionados por El Gran Wyoming e Los Insolventes, este sábado en San Vicente do Mar
Por Alejandro Espiño
Clásicos do rock de onte e de hoxe. De Chuck Berry a Jet, pasando por The Who, Rory Gallagher, Frank Zappa, Siniestro Total, Leño, Jet ou Ramones. Un show enérxico, hiper-vitaminado e realmente divertido. Unha lección de bo rock, apto para todos os públicos. ÿ o que ofrece o showman televisivo El Gran Wyoming, quen coa súa banda Los Insolventes volverá visitar o Náutico de San Vicente do Mar o sábado 13 de xullo.
ÿ un dos principais atractivos da programación que os seus responsables prepararon para o mes de xullo. Será un concerto co que buscarán reeditar o éxito colleitado na súa última visita á praia da Barrosa (hai apenas dous meses), con este imprevisible espectáculo talk rock a medio camiño entre a sorna de autor e o rock and roll de incendiario octanaxe.
Este cuarteto integrado por José Miguel Monzón (El Gran Wyoming) e Miguel Ángel Ariza, José Alberto Solís, Luís de Diego e Manolo Villalta (Los Insolventes) formouse no ano 2009 co único obxectivo de dar renda solta no escenario ás influencias musicais comúns dos membros do grupo versionando en clave de rock aos seus artistas favoritos.
Debido ao gran éxito alcanzado desde as primeiras actuacións en Madrid, grazas ao seu repertorio baseado en versións de rock and roll desde os seus inicios ata os últimos éxitos, Wyoming e Los Insolventes non tardan en comezar a xirar por todo o territorio nacional tocado e enchendo salas e teatros en case todas as capitais de provincia do país.
O obxectivo único da banda nos seus concertos é facerlle transmitir ao público as boas vibracións que teñen eles no escenario. A boa música, unida ao xenio dun mestre de cerimonias como El Gran Wyoming non fai senón asegurar que se vai a asistir a unha auténtica festa de rock and roll.
NOVOS CONCERTOS
Ademais, con respecto á programación adiantada hai uns días, o Náutico de San Vicente do Mar engadiu dous novos concertos. Será o que o protagonizará o talentoso cantautor de Olympia (Washington), Gabriel Wolfchild, o vindeiro venres 19 de xullo e o que, xusto unha semana despois, ofrecerá o grupo de rock pontevedrés Salvation Army.