Pontevedra recibe dobre ración de 'Fariña'
Por Redacción & Diego Torrado
Libro, serie televisiva e agora teatro. O fenómeno 'Fariña' chegou este venres a Pontevedra coa adaptación teatral do popular libro de Nacho Carretero.
Fíxoo con éxito de público nun Auditorio Afundación que este sábado repite cunha segunda sesión.
A obra 'Fariña' está dirixida por Tito Asorey cun reparto encabezada por Xosé Antonio Touriñán, un dos actores protagonistas da serie de televisión. Xunto a el os actores Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias.
A historia teatral de Fariña parte dunha impoñente descarga na que suceden conversacións entre mozas e veciños falando, comprando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea.
Os actores entran e saen da escena meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena ou os veciños máis novos probando a mercadoría ás agachadas ata que o salto ao narcotráfico ocorre no escenario recreando o que sucedeu anos atrás nas Rías Baixas.
Relacionadas:
-
"Fariña" continúa en Pontevedra a súa xira polos teatros de Galicia
Por Redacción |
-
O ex alcalde do Grove Bea Gondar, condenado a pagar 16.000 euros polo secuestro de Fariña
Por Natalia Puga |
-
RADIO.- A playlist de... Marcos Pereiro: Un corredor de fondo do humor
Por Marisa Ciordia |
-
"Fariña" salta ao teatro e estará en cartel en Pontevedra durante dous días
Por Alejandro Espiño |