'A media voz' de Matriuska, mellor documental no festival de Ámsterdam
Por Alejandro Espiño
A película 'A media voz', producida pola compañía pontevedresa Matriuska, triunfa a nivel internacional. Foi premiada como o mellor documental no prestixioso IDFA, un festival que se celebra anualmente na cidade holandesa de Ámsterdam e que está considerado como un dos máis prestixiosos do mundo para as películas de corte documental.
'A media voz', que na súa distribución internacional ha recibido o título de 'In a whisper', é unha película dirixida e protagonizada por Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández que trata sobre o desarraigamento, a maternidade, a terra e a cinematografía.
O xurado do festival recoñeceu esta produción, que se centra en dúas cineastas cubanas que comparten a súa paixón polo cinema, a amizade e a liberdade, porque segundo destacan no fallo se trata dunha aventura cinematográfica "máxica, orixinal e arriscada".
O filme ofrece, engade o xurado, unha "reflexión refrescante" de madurez feminina e supón "unha oda á perda, unha celebración da amizade, o desexo e a vulnerabilidade e unha reivindicación da esperanza e a paixón", todo iso a través duns diálogos cinematográficos "deliciosamente honestos" ao longo dos 80 minutos da súa metraxe.
En 'A media voz', Patricia e Heidi, dúas amigas da infancia que acabaron separadas tras verse obrigadas a emigrar da súa Cuba natal, reencóntranse a través da correspondencia audiovisual que retoman, xa preto dos 40 anos, para compartir os retos aos que se enfrontan nas súas novas vidas lonxe da illa, unha en Suíza e a outra en España.
O resultado destes envíos, editados de maneira enxeñosa de forma cronolóxica e honesta, mostra as súas respectivas visións sobre a maternidade, o cinema, a amizade ou a liberdade.
A rodaxe desta película, que se prolongou por espazo de seis meses e foi gravada en castelán e galego, tivo lugar a principios deste ano en Fisterra, Suíza e A Habana.
Relacionadas:
-
As salas comerciais de Pontevedra proxectan o premiado documental 'A media voz' de Matriuska Producciones
Por Redacción |
-
Matriuska rodará nas Rías Baixas a primeira longametraxe de Álvaro Gago, creador de "Matria"
Por Alejandro Espiño |
-
Matriuska conclúe en Barcelona a rodaxe da película ¿Qué hicimos mal?
Por Alejandro Espiño |
-
'A estación violenta', producida por Matriuska, obtén unha mención especial no Festival Internacional de Cali
Por Redacción |
-
Un emprego para Xiana na industria do cinema
Por Redacción |
-
RADIO.- As Conversas na Ferrería van ao cinema con 'A estación violenta'
Por Marisa Ciordia |