Virginia García del Pino, Pamela Biénzobas, Gemma Vidal e Alfonso Zarauza asesorarán no Novos Cinemas 2019
Por Redacción
Catro propostas cinematográficas chegadas de Arxentina e de diferentes puntos do Estado foron seleccionadas para participar no #LAB, o espazo para promover o desenvolvemento de proxectos de cinema internacionais.
'La Unión', de Cordelia Alegre; '¿Cuándo aterrizarás?', de Pablo García Canga; 'Los cuadernos del perro', de Ingrid Pokropek e 'Serra da Estrela', de Carlos Martínez-Peñalver son os catro proxectos escollidos, que se atopan en diferentes fases de elaboración, para que un comité de asesoramento aporte ideas para a posta en marcha destas iniciativas no marco da cuarta edición de Novos Cinemas - Festival Internacional de Cine en Pontevedra, que se celebrará entre o 10 e o 15 de decembro en Pontevedra.
O equipo asesor atópase formado pola consutora chileno-francesa, crítica e xornalista de cinema Pamela Biénzobas; a cineasta e profesora Virgina García del Pino; o director e guionista Alfonso Zarauza; e Gemma Vidal, a responsable de La Incubadora de The Screen.
Estes especialistas ofrecerán consellos atendendo a súa experiencia para que os catro proxectos poidan realizarse no terreo do cinema independente, que se promove en Novos Cinemas.
Relacionadas:
-
RADIO.- A Playlist de Alfonso Zarauza: ' Hai que foderse!' 25 anos despois
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra desprega a alfombra vermella para inaugurar a edición 04 de Novos Cinemas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Novos Cinemas subirá o pano coa primeira película da cineasta Jaione Camborda
Por Redacción |
-
Do 10 ao 15 de decembro, Novos Cinemas ofrecerá as películas máis humanistas de cineastas incipientes
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Novos Cinemas ofrecerá por primeira vez en España toda a obra do cineasta belga Bas Devos
Por Alejandro Espiño |
-
O festival Novos Cinemas optará ao Premio do Público no Culturgal 2019
Por Redacción |
-
"Arima", a primeira longametraxe de Jaione Camborda, abrirá o festival Novos Cinemas
Por Redacción |