Os Abrentes de Cerdedo comparten as súas novas composicións
Por Redacción
O grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo festexan os seus 25 anos de música tradicional galega pola Terra de Montes e por toda Galicia.
No ano 2017 entraron a gravar o que sería a súa primeira maqueta tamén publicada en internet, e neste ano 2019 publicaron tres novos temas cunha característica moi peculiar, son composicións propias do grupo de gaitas.
Dous dos membros desta agrupación son os autores: Manuel Campos e Rubén Troitiño.
A Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo subiu á súa páxina web estes temas para que podan ser escoitados de forma totalmente gratuita.
Os temas gravados son "Muiñeira dos 25", "Pasodobre de Vilalén" e "Vals do 94". Os tres foron interpretados no mes de outubro no "VI festival de música tradicional de Cerdedo".