A escritora Elena Gallego Abad invita a mergullarse no sangue da lúa para descubrir o segredo do dragón
Por Redacción
O Espazo Nemonon acolle este venres 13 ás 20.00 horas a presentación da quinta entrega da serie Dragal, da autora Elena Gallego Abad. O acto contará coa intervención da propia escritora e do profesor xubilado de Lingua e Literatura Galega, Anxo González Guerra.
Este acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, ofrecerá un diálogo ao redor da novela 'Dragal V. O segredo do Dragón', publicada por Edicións Xerais. Nesta nova entrega cóntase como os dragalianos exploran os seus poderes híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios.
O cabaleiro alquimista ensaia a fórmula para garantir a superviviencia da estirpe e as damas da Fraternidade se unen para protexer a xestación dunha nova criatura. Ante esta situación, os inimigos do dragón mobilízanse para chegar ao desastre.
Dragal V preséntase como unha novela que xoga entre a realidade e a ficción científica e a autora convida as persoas afeccionadas á lectura para mergullarse no sangue da lúa para descubrir o secreto do dragón.
Elena Gallego Abad conta cunha longa traxectoria como xornalista e converteuse nunha escritora de novelas en lingua galega, que foron traducidas ao inglés, castelán e catalán creando a exitosa serie Dragal.