O Teatro Principal acollerá un concerto homenaxe a Miguel Guerra en xaneiro
Por Redacción
O 27 de xuño deste 2019 falecía o músico Miguel Guerra, un dos fundadores do grupo de rock pontevedrés Black Stones. A súa dolorosa morte aos 66 anos tras sufrir unha enfermidade provocou unha reacción por parte do panorama musical na cidade, que decidiu renderlle unha homenaxe no Teatro Principal.
O concerto homenaxe celebrarase o sábado 11 de xaneiro ás 21.00 horas coa participación de Mr. River, Antilia, Gospel Vida, Black Stones e unha formación creada para a ocasión, Miguel Guerra Friends.
Miguel Guerra era un virtuoso instrumentista, que tocou o baixo na formación inicial de Black Stones e despois formou parte de formacións de jazz tocando o contrabaixo, ademais de traballar como músico de estudo en proxectos de diferentes artistas de fama nacional e internacional.
Relacionadas:
-
Sentida homenaxe ao músico Miguel Guerra no Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
30 músicos homenaxearán este sábado 11 ao desaparecido Miguel Guerra, fundador de Black Stones
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Os Black Stones celebran as súas vodas de ouro cun concerto no Liceo Casino
Por Redacción |