O ballet nacional de Ucraína chega este xoves a Pontevedra
Por Redacción
O auditorio da sede de Afundación en Pontevedra recibe este xoves, ás 20.30 horas, ao Ballet Nacional de Ucraína Virsky, unha das agrupacións de música e danza folclóricas máis destacadas a nivel internacional.
Con 60 artistas en escena e 500 traxes diferentes, a representación do espectáculo leva producíndose desde 1937 e xa a viron máis de 10 millóns de espectadores. As entradas xa están á venda na páxina web de Ataquilla. com.
Creado polo famoso mestre do ballet Pavlo Virsky, o Ballet Nacional de Ucraína Virsky é recoñecido pola crítica en todo o mundo. Desde 1980 o seu director é Myroslav Vantuch, un dos seus solistas máis virtuosos.
Ao longo dos seus máis de 80 anos de existencia actuaron por todo o mundo, nalgúns dos teatros e auditorios máis prestixiosos como o Madison Square Garden de New York, Teatro Colón de Buenos Aires, no Royal Alexander Theater de Toronto, National Arts Center de Otawa, Teatro de Belas Artes de México, na Ópera de Dubai, Royal Opera House de Londres, Area de Verona en Italia ou o Palacio de Congresos de Paris.