Daniel, Marga e Juanín. Os tres irmáns Gómez Pallares son constantemente nomeados na Playlist á que pon banda sonora o pequeno deles, Daniel. Este lembra as tardes de bocadillos de Nocilla vendo Xabarín, as viaxes en familia, os concertos e festivais, a colección de películas en VHS e ultimamente as series de televisión, máis xa con Marga; posto que o mediano, volverá a casa, como o turrón, por Nadal.
Daniel Gómez Pallares acaba de cumprir 31 anos, con catorce, cando comezou a estudar guitarra, tivo o desexo de gravar un disco coa súa música. Está a piques de conseguilo. 'Chrysalis' xa se pode escoitar en plataformas dixitais, pero coma se fose un traballo artesán, quere poder contemplalo fisicamente, así que ultima a edición do cd. En PontevedraViva Radio interpreta un deses temas.
Outra das disciplinas artísticas que lle atrae é a escea. A orixe, como lle di a súa nai, puido estar na representación de 'A semente' nunha función que fixo como alumno do Sagrado Corazón; logo foise formando e pasou pola Aula Municipal de Teatro e actualmente cursa un Máster de Interpretación. Na práctica, foi figurante en series, películas e curtas.
E o ángulo principal, o que reporta os eurillos, é o seu Grao en Turismo; título que obtivo na CENP da Coruña, onde ademais sacou o Máster de Xestión de empresas Hosteleiras. Decantouse por esa rama profesional porque, "cando viaxaba coa miña familia gustábame ver como quen traballaba, envorcábanse por facernos o máis pracenteiras posibles as vacacións". Así que, tras coñecerse ben emprazamentos turísticos de Galicia, agora pódeselle atopar na recepción do Parador de Pontevedra. Boa viaxe pola Playlist!