Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, mellor interpretación masculina no III Certame de Teatro de Lourenzá
Por Redacción
Avelaíña Teatro, compañía pontevedresa de teatro afeccionado, lograba que o seu espectáculo 'Lola' obtivera tres candidaturas na terceira edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá, na provincia de Lugo.
A agrupación optaba ao premio Conde Santo á mellor representación; o actor Xulio Leal era candidato ao Premio Lourenzo pola súa interpretación na obra e como mellor actor de repartición figuraba Miguel Anxo Martín. Finalmente, a montaxe escrita e dirixida por Manolo Ayán lograba o premio á mellor interpretación masculina na figura de Xulio Leal.
En 2018, a obra 'María Castaña', da mesma compañía, dirixida por Antón Lamapereira e escrita tamén por Manolo Ayán obtivera o premio á mellor posta en escena, o premio ao mellor actor de repartición para Xavier Fernández e tamén o premio á mellor actriz de repartición que obtivo Menchu González