Música en directo, literatura e a alma de Xeve para recibir o ano
Por Redacción & Diego Torrado
O tradicional Concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra estreou este 2020 novo formato. No seu oitavo ano de existencia, un coro subiuse ao escenario cos músicos e estrearon unha nova opereta composta para a ocasión.
A parroquia pontevedresa de Xeve foi o nexo de unión do espectáculo co que se abriu a cita, no que música e literatura galega fusionáronse para ofrecer ao público un concerto cargado de emoción.
A opereta, creada polo músico veciño de Xeve Fernando Ruibal Tilve, inclúe textos escritos pola escritora desta mesma parroquia Fina Casalderrey. Á Filarmónica Cidade de Pontevedra sumouse o coro Réduit Ensemble, que participou con catorce cantantes.
Tras esta nova peza, a tradicional regresou e na segunda parte do concerto interpretáronse os clásicos valses e polkas que amenizan o tradicional Concerto de Aninovo de Viena.
Relacionadas:
-
Concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica de Pontevedra con Abraham Cupeiro e os seus "sons esquecidos"
Por María José Pita |
-
A música de Johann Strauss estrea o ano cultural de Afundación en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Concerto de Aninovo cambia o ballet por unha opereta con Xeve como "nexo de unión"
Por Alejandro Espiño |