Carolina Durante estará, xunto a Javiera Mena e Núria Graham, no Atlantic Fest 2020
Por Redacción
O Atlantic Fest engade tres novos concertos á súa edición de 2020. Trátase da banda madrileña Carolina Durante, a compositora chilena Javiera Mena e a nova artista irlandesa-catalá Núria Graham, segundo confirmaron este xoves os seus organizadores.
Todos eles súmanse aos nomes confirmados previamente: Amaia, Fuerza nueva e Derby Motoreta's Burrito Kachimba.
Carolina Durante é, actualmente, un dos grupos de maior proxección da música española. Actuarán no festival presentando o seu primeiro disco, que se coou nos postos máis altos de todas as listas do mellor do ano.
Nel, os seus integrantes ábrense falando do que están a vivir tanto como banda como a nivel persoal, deixando retratos que representan a toda unha xeración.
Pola súa banda, Javiera Mena chegará a Galicia co seu último disco debaixo do brazo, Espejo, no que explora novos sons dentro do electro-pop co que se fixo coñecida alá por 2006.
Revolucionaria e transgresora no son e en ofrecer unha nova estética, a cantante, compositora e produtora chilena protagoniza desde entón unha consolidada carreira sen límites espazo-temporais.
A compositora Núria Graham, en pouco menos de catro anos, posicionouse na escena nacional como unha artista imprescindible para entender o folk-pop feito en casa. Actuará en directo no Atlantic Fest para presentar Marjorie, o disco que lanzará ao mercado en febreiro.
A quinta edición de Atlantic Fest celebrarase os días 24, 25 e 26 de xullo na praia da Concha, en Vilagarcía de Arousa.
Relacionadas:
-
O Atlantic Fest, aprazado ata 2021: "Facemos o único que temos na nosa man para axudar a combater á COVID-19"
Por Redacción |
-
C. Tangana lidera as cinco novas confirmacións do Atlantic Fest
Por Alejandro Espiño |
-
Carolina Durante actuará o 14 de febreiro na Sala Karma
Por Alejandro Espiño |
-
Amaia, Fuerza Nueva e Derby Motoreta's Burrito Kachimba estrean o cartel do Atlantic Fest 2020
Por Alejandro Espiño |
-
O Atlantic Fest, de mudanza: deixa A Illa e a edición de 2020 celebrarase en Vilagarcía
Por Alejandro Espiño |