A compañía coruñesa Xampatito Pato inicia outra exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción
As risas do público infantil regresaban este domingo ao Teatro Principal cunha nova edición do ciclo de teatro Domingos do Principal. Nesta ocasión, os menores puideron gozar de dúas sesións, unha matinal e outra vespertina, do espectáculo 'Só' da compañía coruñesa Xampatito Pato.
Nesta premiada obra, un personaxe meticuloso xoga cunha montaña de caixas que van conformando un espazo por onde o protagonista móvese ao longo de 50 minutos con momentos de humor e de imaxinación.
A seguinte obra será o vindeiro domingo 19 de xaneiro. Os asistentes terán a oportunidade de ver 'Viaje al centro del cuerpo humano' de Spasmo Teatro, unha compañía de Salamanca, que ofrece teatro de humor xestual cunha exploración escénica na que se comproba como funciona o noso corpo. As entradas pódense adquirir en Ataquilla.
Relacionadas:
-
O 'concerto con fusión' de Píscore anima a xornada dominical no Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
E o público infantil fíxose máis pequeno para viaxar ao centro do corpo humano
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
'Só', de Xampatito Pato, abre os Domingos do Principal o vindeiro 12 de xaneiro
Por Redacción |
-
Regresan os Domingos do Principal con 7 espectáculos de clown, teatro, música e monicreques
Por Oskar Viéitez |