Carolina Durante actuará o 14 de febreiro na Sala Karma
Por Alejandro Espiño
Para o Día de San Valentín, a Sala Karma preparou unha oferta musical de excepción. A banda madrileña Carolina Durante, un dos grupos de maior proxección da escena indie española, actuará en Pontevedra o próximo 14 de febreiro.
Trátase dun concerto enmarcado dentro da xira Vibra Mahou que, ademais de Pontevedra, levará a Carolina Durante a outras seis cidades, entre elas Lugo.
A banda, que tamén estará en xullo no festival Atlantic Fest, inicia 2020 como un grupo plenamente consolidado e cun disco que, segundo a crítica especializada, está entre os mellores traballos discográficos do ano.
Lograron abandonar a etiqueta de talento emerxente sen perder o fío musical que lles caracteriza e continúan mergullando entre referencias do post-punk e a new wave xunto a sonoridades propias da Movida.
No concerto que darán ante o público pontevedrés, Carolina Durante presentará os temas do seu disco homónimo e mostrará que unha das claves do seu éxito está no sabor dos seus directos e en letras moi persoais que deixan retratos que representan a toda unha xeración.
As entradas para este concerto xa poden adquirirse a través da plataforma Wegow.