Quique González e as súas 'palabras vividas' protagonizan unha velada inolvidable en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
Unha noite máxica na que os poemas de Luís García Montero ecoaron no Pazo da Cultura na voz dun artista único, Quique González. Así foi a velada que gozaron en directo os centos de pontevedreses que abarrotaron o patio de butacas do recinto.
Coas entradas esgotadas desde hai días, o artista madrileño presentou en directo Las palabras vividas, un disco no que asume como propia a voz de García Montero, autor das letras dos seus temas, recollendo os seus pensamentos, preocupacións e vivencias.
Cancións como La nave de los locos, Todo se acaba, El pasajero, La canción del pistolero muerto ou Bienvenida foron só algunhas das que Quique González interpretou, xunto á súa inseparable guitarra, ante o público pontevedrés.
Iso si, a pesar de estar a xirar con este novo disco, tamén dedicou tempo a repasar os grandes éxitos da súa longa traxectoria musical, entre eles, temas como Palomas en la quinta, Orquídeas, Salitre, Y los conserjes de noche o La luna debajo del brazo.
Aunque tú no lo sepas foi, como é habitual, unha das máis aclamadas polo público.
O concerto de Quique González en Pontevedra foi o inicio a unha nova edición de ciclo Voices, que terá continuidade o 6 de xuño coa banda estadounidense The Jayhawks.
Relacionadas:
-
Os estadounidenses The Jayhawks aprazan a xuño de 2021 o seu concerto en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Guadi Galego pechará o ciclo Voices o 24 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra
Por Redacción |
-
Manel, Xabier Díaz e Ele, tres propostas "de primeiro nivel" para as Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |
-
The Jayhawks e Guadi Galego únense a Quique González no ciclo Voices
Por Alejandro Espiño |
-
Quique González actuará no Pazo da Cultura en xaneiro na apertura do novo ciclo de 'Voices'
Por Redacción |