O SonRías Baixas incorpora a El Drogas e Sara Hebe ao cartel da súa edición de 2020

Por Alejandro Espiño
O SonRías Baixas traerá a Bueu a El Drogas, un dos artistas máis demandados polo público do festival ao longo da súa historia. El é, xunto coa arxentina Sara Hebe, a nova incorporación á súa décimo oitava edición, que se celebrará os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto.
O que fora cantante e baixista de Barricada é un dos máximos representantes do rock español e traerá ao SonRías Baixas o seu proxecto máis ambicioso, no que hai sitio para os seus grandes clásicos, pero tamén para novas sonoridades e para a literatura, a actualidade, o amor e o compromiso social.
Este compromiso é compartido pola arxentina Sara Hebe, unha das voces máis salientables do underground latinoamericano actual que volve ao SonRías Baixas coa fórmula coa que conquistou ao público do festival hai un par de anos: rap, cumbia e electrónica adobiados cunha efervescente actitude punk.
Estes dous artistas súmanse ao cartel de SonRías Baixas, ao que aínda lle faltan moitos nomes pero no que xa destacan o mellor rapeiro en lingua hispana do mundo, Kase.O, o punk-rock dos Desakato, os ritmos do mundo de García Mc & Nación Quilombo e a paixón pola tradición balcánica de Balkan Paradise Orchestra.
As entradas para o festival están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 41 euros máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.
Relacionadas:
-
O festival SonRías Baixas aprázase ata o verán de 2021 mantendo a Kase.O como cabeza de cartel
Por Diego Espiño |
-
SonRías Baixas reconverte as súas festas de presentación en concertos nas redes sociais
Por Alejandro Espiño |
-
Ska-P, Rayden e El Kanka pechan a oferta musical do SonRías Baixas 2020
Por Alejandro Espiño |
-
Desakato, García Mc & Nación Quilombo e Balkan Paradise Orchestra, novidades para o SonRías Baixas
Por Redacción |
-
O SonRías Baixas 'ficha' o rapeiro Kase.O para a súa edición de 2020
Por Alejandro Espiño |
-
O Son Rías Baixas 2020, en marcha coa venda das primeiras entradas
Por Redacción |