Nacho Vegas actuará o 22 de marzo no auditorio municipal de Vilagarcía
A convocatoria de eleccións autonómicas para o día 5 de abril obriga a trasladar o concerto de Nacho Vegas do 22 de marzo, que se celebrará finalmente no auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa as 12:30 horas. Inicialmente estaba previsto que se celebrara no Salón García.
Todas aquelas persoas que xa comprasen a súa entrada recibirán unha reatribución de asentos de forma que o novo corresponda co emprazamento inicial. A partir do 14 de febreiro Ataquilla comezará a avisar o cambio a compradores vía mail ou por teléfono e a remitirlles a entrada coa nova enumeración.
Debido ao maior aforo do que dispón o auditorio segue aberta a venda do resto de localidades. Os prezos son adultos, 12 euros; menores de 16 anos, 5 euros; e as persoas desempregadas poderán acceder gratuitamente acreditando a documentación correspondente.
As entradas pódense comprar a través da páxina web ataquilla.com ou do número de teléfono 902 504 500.
Este domingo, 16 de febreiro, ábrese o ciclo de concertos matutinos coa actuación de Marem Ladson no Salón García a partir das 12.30 horas.