Alicia cambia o país das marabillas por cidades invisibles nos Domingos do Principal
O ciclo Domingos do Principal ofrecía este domingo 16 de febreiro un espectáculo baseado en Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carrol. A compañía Onírica Mecánica, de Cartaxena, presentaba 'Alicia y las ciudades invisibles', unha obra cargada de tecnoloxía e dun potente atractivo visual.
Durante cincuenta minutos, o público familiar que volveu encher o Teatro Principal en dobre sesión observou con atención o desenvolvemento das aventuras de Alicia detrás dun coello que se escapa por un tubo. Alicia inicia un percorrido por territorios que soamente existen na imaxinación da protagonista e nos seus soños nos que aparecen monstros e diferentes personaxes sorprendentes.
Tras esta montaxe, o ciclo de Domingos do Principal descansará durante as festas do Entroido para regresar o domingo 1 de marzo co espectáculo 'Vida' da compañía zaragozana Javier Aranda.
'Alicia y las ciudades invisibles', de Onírica Mecánica
Función que se desenvolveu o 16 de febreiro dentro do ciclo Domingos do Principal
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Dez semanas de teatro infantil sen interrupción nun Domingos do Principal que irá adaptando as butacas á pandemia
Por Natalia Puga |
-
Marcel Gross transforma o Principal nun pequeno universo de letras vogais
Por Redacción & Diego Torrado |
-
'Nómades' protagoniza a primeira xornada de febreiro en Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O 'concerto con fusión' de Píscore anima a xornada dominical no Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Regresan os Domingos do Principal con 7 espectáculos de clown, teatro, música e monicreques
Por Oskar Viéitez |