Poesía e regueifa en Bueu para celebrar o día de Rosalía de Castro
Por Redacción
O Concello de Bueu organizará o 24 de febreiro, día no que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro, un evento no que se mesturará o recitado de poesía coa regueifa. Será no parque do Ramal dos Galos e o acto está enmarcado no programa municipal Tintas Femias que toene como obxectivo poñer en calor a creación literaria en clave feminista.
A cita celebrarase entre as 18 e as 19.30 horas e comezará coa lectura dun manifesto escrito por Daniel Asorey, gañador do premio de poesía Johán Carballeira no 2019 polo seu libro Transmatria, o que será regalado a todos os participantes.
"Servirá para poñer en valor unha vez máis a Rosalía, concienciar sobre cuestións tan importantes como a igualdade de xénero, a redución das desigualdades e mesmo a produción e o cosumo responsable", declarou o concelleiro de Cultura, Xosé Leal.
O programa Tintas Femias, estreado no 2018 cun taller de poesía, inclúe agora diversas citas culturais que terán continuidade nos meses de marzo e abril.
Relacionadas:
-
O campus de Pontevedra celebra a semana da poesía con '6 días, 6 poetas'
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Ska-P, Rayden e El Kanka pechan a oferta musical do SonRías Baixas 2020
Por Alejandro Espiño |
-
75 persoas de idade avanzada participan nos obradoiros de memoria en Bueu
Por Redacción |
-
Máis de setenta traballos optan aos premios Johán Carballeira de poesía e xornalismo
Por Redacción |