A Finca de Briz dá un paso máis esta fin de semana nas batallas de rap
Por Redacción
A Finca de Briz de Marín acollerá este sábado 22 de febreiro unha batalla de 'gallos', enfrontamentos verbais de rapeiros que poderán optar a competir a nivel nacional. Será a partir das 18.00 horas, despois de que remate o Desfile Infantil do Entroido e, en caso de que chova, trasladarase ao pavillón de Sequelo.
A contorna da Finca de Briz leva xa un ano acollendo batallas de rap de xente nova, que se xunta nas gradas da finca para retarse cas palabras nunha nova disciplina artística e musical que atrae a infinidade de aficionados, e este ano o grupo Best Hit Battles, formado por dous rapaces de Marín, Bastián Hermo Buceta e Pablo Vázquez Ruano, que están detrás destas convocatorias, van máis alá.
En concreto, organizan unha clasificatoria a nivel autonómico, que servirá de pasarela para a final deste campionato galego, en cuxa organización colabora o Concello de Marín.
A previsión é que asistan máis de 300 persoas, especialmente xente nova e que participen entre 30 e 50. As inscricións están aínda abertas. Poderán anotarse todas as persoas que o desexen escribindo unha mensaxe privada á conta de Instagram de Best Hit Battles (@bhb.edition).
O custe da inscrición é de 3,50 euros por persoa, diñeiro co que recadarán os fondos para que a persoa que gañe o campionato galego poida viaxar ata Alicante e representar a Galicia no campionato a nivel estatal que se celebrará en agosto nesa cidade.
A final do campionato será o 16 de maio en Briz.
Relacionadas:
-
Unha "batalla de galos" na Alameda complementará o Marín Gaming Fest
Por Redacción |
-
O concerto de Carlos Núñez trasládase ao auditorio do Colexio San Narciso
Por Redacción | Creada e actualizada
-
'Batallas de galos' na Finca de Briz
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: MKP Crew, mozos pontevedreses facendo música urbana
Por Marisa Ciordia |