Catorce novas bandas súmanse ao cartel de Portamérica
Por Redacción
Os organizadores do festival Portamerica, que se vai a celebrar na carballeira de Caldas de Reis entre o 2 e o 4 de xullo, anuncian a incorporación do catorce novos grupos ao cartel desta edición. Doutra banda, un dos que confirmaran a súa participación, Hijos do Mediterráneo, comunican agora que non estarán no festival por motivos de axenda.
Beret, Devendra Banhart, Novedades Carminha, Gustavo Santaolalla, Esteman, Wyoming y los Insolventes, Víctor Coyote, Eladio y los Seres Queridos, Alice Wonder, Igloo e os esquimós do Salnés, Tony Lomba & Elio dos Santos, Moterrosa, dani e Última Experiencia son as últimas incorporacións a un festival.
Nos tres escenarios que se instalarán nesta emblemática paraxe natural actuarán tamén Amaro Ferreiro, Baiuca, Bala, Belako, Coque Malla, Dengue Dengue Dengue, Egon Soda, El Columpio Asesino, Fon Román, Furious Monkey House, Leiva, León Benavente, Little Jesus, Mikel Erentxun, Niña Coyote eta Chico Tornado, ORTIGA, Royal Republic, Rufus T. Firefly, Rufus Wainwright, Sidonie, Taao Kross, Vintage Trouble, Viva Suecia y WOS.
Pero non só a música será protagonista durante estes tres días de festival. Pola carballeira pasarán tamén para preparar os seus pratos varios dos mellores chefs do panorama nacional. Entre eles están Andoni Luis Aduriz, Ángel León, Begoña Rodrigo, Benito Gómez, Daniel López, David Abalo, David García, Diego Guerrero, Diego López, Edgar Núñez, Francis Paniego, Gonzalo García, Iván Domínguez, Juanjo Pérez, Juan Perret, Maca de Castro, Marcos Morán, Nagore Irazuegi, Roberto Ruiz, Rodrigo G. Fonseca, Xanty Elías y Yolanda León. Entre todos acumulan 32 Soles da Guía Repsol e nos próximos dias haberá máis novidades neste ámbito.
EsmerArte, a axencia galega de promoción artística e xestión cultural que organiza o festival, ten tamén listo a repartición de actuacións ao longo dos tres dias que dura o evento como pode observarse no cartel que acompaña esta información.
As entradas xa están á venda na páxina web oficial de Portamerica. Ata a data xa se venderon máis da metade dos abonos a prezo reducido e un novo lote acaba de ser liberado estes días a un prezo de 65 euros máis gastos. Co paso das semanas o prezo destes pases irá ascendendo a 70 e 75 euros máis gastos.
Doutra banda, as entradas para un só día acaban de saír á venda a un prezo especial de lanzamento de 30 euros máis gastos. Pola súa banda, os tickets para a acampada non estarán dispoñibles ata o 1 de xullo.
Relacionadas:
-
PortAmérica, aprazado ata xullo de 2021: "Foi unha decisión durísima", afirma a organización
Por Alejandro Espiño |
-
VIDEO.- Pepe Solla alíase con PortAmérica para ensinarnos a comer ben na casa
Por Alejandro Espiño |
-
O PortAmérica planta no monte Xiabre 1.800 pés de 10 especies autóctonas
Por Oskar Viéitez |
-
PortAmérica anima a participar nunha xornada de reforestación do Monte Xiabre
Por Redacción |
-
PortAmérica 2020 amosa as súas primeiras cartas: Leiva, Rufus Wainwright, Coque Malla ou Sidonie
Por Alejandro Espiño |