SonRías Baixas reconverte as súas festas de presentación en concertos nas redes sociais
Por Alejandro Espiño
A expansión do coronavirus por España truncou os plans que o SonRías Baixas tiña para achegar o festival a toda Galicia, a través de festas de presentación nas que ían a actuar numerosos artistas. Pero, ante a corentena decretada polas autoridades, os organizadores decidiron recuperar esta idea e facer estes concertos a través das redes sociais.
Así, o perfil de Instagram do festival acollerá, desde este xoves e ata o próximo luns, un aperitivo do que ían a ser estas festas programadas por Galicia e que tiveron que ser suspendidas. Cada un destes concertos breves comezará ás oito e media da tarde.
As actuacións comezarán con Ninhodelosrecaos DJ, que ofrecerá dende a súa casa de Barcelona unha sesión de world eclectic beat, unha mestura de estilos que abrangue dende o dancehall ao trap, pasando polo mombathon, a salsa, o tropical bass ou o ska.
Pola súa banda, o venres 20 será Rubén Lino o que tocará coa súa guitarra cancións do colectivo músico humorístico Poetarras, dende a súa habitación en Cangas do Morrazo.
O sábado 21, Hugo y Alex de SonDaRúa ofrecerán dende a súa casa de Ponteareas unha sesión de ironía e musicalidade da tradición oral popular galega, combinada co hip hop máis reivindicativo, cheo de crítica social e contido político.
Muyayo Rif desafiarán o domingo 22 as leis da física e enlatarán o seu espectacular directo cunha conexión a varias bandas dende cadanseu fogar e o luns 23 García MC pechará a rolda de concertos dende a súa casa en Muros.
Todos os concertos destas "sesións lixeiras" durarán media hora, segundo avanzan os organizadores do Son Rías Baixas.
O festival SonRías Baixas ten previsto celebrar a súa décimo oitava edición os días 30 e 31 de xullo e o 1 de agosto en Bueu, cun cartel no que destacan os SKA-P, El Drogas, Desakato, Kase.O., Rayden, El Kanka ou Sara Hebe.
Relacionadas:
-
O festival SonRías Baixas aprázase ata o verán de 2021 mantendo a Kase.O como cabeza de cartel
Por Diego Espiño |
-
Carmela Silva, sobre os festivais de música: "Non estou disposta a que se perda nin un só en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
ÁnimoFest2020: festival dixital de música, poesía e humor con selo pontevedrés para dar a benvida a abril
Por Redacción |
-
O Faiado Memoria contribúe a un confinamento entretido con acceso libre a documentais
Por Redacción |
-
Ska-P, Rayden e El Kanka pechan a oferta musical do SonRías Baixas 2020
Por Alejandro Espiño |
-
O SonRías Baixas incorpora a El Drogas e Sara Hebe ao cartel da súa edición de 2020
Por Alejandro Espiño |
-
Desakato, García Mc & Nación Quilombo e Balkan Paradise Orchestra, novidades para o SonRías Baixas
Por Redacción |