VIDEO.- Así soa "Non saias", a canción coa que Os Trazantes de Tenorio animan a respectar a corentena
Por Redacción
Unha semana de corentena dá para moito. Sobre todo se, como Os Trazantes de Tenorio, o coronavirus non reduce as túas inquedanzas culturais. A pesar do confinamento ou, mellor dito, como consecuencia del, veñen de estrear unha nova canción.
Trátase de "Non saias", un tema co que buscan concienciar á cidadanía da importancia de quedar na casa para loitar contra a transmisión do coronavirus e para mandar unha mensaxe de ánimo a toda a sociedade contra esta crise sanitaria.
A agrupación musical, ante a imposibilidade de manter os seus ensaios de temas e bailes, optou por deseñar unha pequena idea para entreter e seguir ensinando aos máis pequenos e facer máis levadeiras estas xornadas.
Así, propúxoselle a todos os cativos e membros que cantaran, dende os seus domicilios, unhas coplas para versionar unha canción moi coñecida que acabou rematando neste tema, concibido como un canto de loita e esperanza.
A este espírito, e a través da mensaxería instantánea, foron engadindo máis participantes, polo que tamén se elaborou unha especie de videoclip que acaban de estrear nas redes sociais.
Relacionadas:
-
Dúas agrupacións de Tenorio promoven novos vídeos de ánimo para os veciños
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Guille Pérez, o pianista na terraza que anima o vecindario de Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
O profesorado de Tenorio versiona a Estopa e Rozalén para animar á comunidade escolar
Por Redacción |
-
Confinados en Ons: "Cando levas illado toda a túa vida xa te afás. O noso é unha corentena constante"
Por Alejandro Espiño |
-
Os Trazantes de Tenorio, 35 anos entre ilustracións e actuacións
Por Redacción |