ÁnimoFest2020: festival dixital de música, poesía e humor con selo pontevedrés para dar a benvida a abril
Por Redacción
Non poder saír de casa, non significa renunciar á música en directo ou os espectáculos cómicos. ÁnimoFest2020, un festival promovido polo músico e actor pontevedrés Daniel Gómez, asolagará de concertos,recitais de poesía e comedia os fogares de todo o mundo a través de redes sociais como Facebook, Instagram ou Youtube entre o 1 e 5 de abril.
"Xorde para dar voz nestes tempos nos que segue sendo necesaria a solidariedade, trátase dunha proposta de lecer para amenizar a corentena, para dar ánimo", explica o promotor as razóns que o levaron a embarcar neste proxecto.
O festival comezará este mércores (1 de abril) ás 19.30 cos concertos de Agustín Leirós, ao que lle seguirá media hora despois Daniel Trinta e, a partir das 22 horas, Rivoira.
Ao día seguinte, a actividade comezará coa actuación de Lai (18.30 horas) para seguir co concerto de Giulia Blanco (19.00 horas), o recital de poesía de Maru Campos (20.00 horas) e a música de Gonzalo Arca (21.00 horas).
Para o día 3 de abril está prevista a actuación de Javi Pascual - Skirl (19.00 horas), a mestura de música e poesía de Rodrigo Rey (19.30 horas) e os concertos de Albiusblack (20.00 horas) e Andrea Solinho (21.00 horas).
O festival comezará a súa fin de semana ás 18.30 horas coa actuación de Carmen Penim, seguida de Chris Buckley, Laura Cruxeiras, Sinxelamente Marcos e Daniel Gómez. Mentres que o domingo será a quenda, a partir das 18.00 horas, de Queco Lago, Alberto Mvudi, Cheyenne, Miguel Añlberte e, para poñer o broche de ouro, a sesión dj de Discoteca A Lúa.
Toda a programación, horarios e información sobre os artistas participantes está nos perfís de @animofest20, a través do cal se informará de calquera cambio que de última hora que se poida producir. "Queren ofrecer contido de entretemento, mostrar proxectos e os seus sentimentos para que desde as casas poida o público gozar dun agradable momento", explica Daniel Gómez, os motivos que levaron aos protagonistas do cartel para unirse a esta iniciativa.
Relacionadas:
-
Carmela Silva, sobre os festivais de música: "Non estou disposta a que se perda nin un só en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Historietas online a través de 'A hora do cómic cultural'
Por Redacción |
-
Apúntante á iniciativa cultural Galpón Market dende a casa
Por Anxo Lourido |
-
Música 'con duende' desde Vilagarcía para facer máis amena a corentena
Por Alejandro Espiño |
-
SonRías Baixas reconverte as súas festas de presentación en concertos nas redes sociais
Por Alejandro Espiño |
-
Artistas de Pontevedra únense nun festival de música a través de Instagram
Por Alejandro Espiño |