Roi Casal abre as Festas do Albariño o día 31 de xullo ás doce da noite
Por Oskar Viéitez
Roi Casal e a súa banda chegan a Cambados co seu traballo Máxicamente Vello, co que levan realizado unha xira de máis de 50 concertos por todo o Estado e polo que foron galardoados en varias ocasións.
"Este concerto chéganos nun gran momento. Despos de 4 anos de xira, teño o pracer de contar cunha banda plenamente consolidada e para min será un pracer expor en Cambados por primeira vez, o meu proxecto musical, ainda que eiquí xa tocara na miña etapa de Milladoiro" afirma Roi Casal.
O cantante galego porá en escea o espectáculo que o está a levar polas principais festas e celebracións durante o ano 2013. Así, afirma que "a nosa máxima é que o público desfrute durante unha hora e media. Temos un espectáculo inspirado na música tradicional pero interpretado por unha formación eminentemente pop-rock, que se diferencia polos sons da arpa, a voz de Silvia Ferre e a potencia e caracter que lle imprimen a batería, as eléctricas ou os sintetizadores" .
Roi Casal e a súa banda están considerados como unha das referencias da música actual feita en Galicia, e comparten cartel na xira deste ano con artistas como Chuchito Baldés (20 Xullo, Talavera de la Reina en Toledo) ou Chenoa e Julieta Venegas (31 de Xullo, Festa do Albariño, Cambados) entre outros.
O concerto está enmarcado dentro da programación da Festa do Albariño 2013 que organiza o concello de Cambados. Terá lugar o vindeiro Mércores 31 de Xullo na Praza Fefiñáns de Cambados a partires das 24:00h. A entrada é de balde.
O concerto, que inicialmente estaba previsto para as 23h00, retrásase unha hora para respetar os sete dias de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia a tenor do accidente de tren sucedido en Santiago de Compostela.