Un documental contará a historia e tradición da Ría de Pontevedra a través do Colón galego
Por Redacción
A concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural está a colaborar co produtor Fernando Portela e co presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego, Eduardo Esteban, para realizar un documental que contará a historia e a tradición da Ría de Pontevedra.
O fío condutor será Cristóbal Colón e expoñeranse diversos documentos notariais e en pedra (Santa María e cruceiro de Porto Santo) que relacionan a Colón co mar, algúns de carácter inédito relativos ás Capitulacións de Santa Fe e as investigacións sobre a presenza do apelido Colón e Fonterosa no 'Livro do Concello' de Pontevedra nos anos previos ao descubrimento de América.
A peza produciraa Portela e contará para a súa guion a Eduardo Esteban, que xa defendeu a orixe galega do navegante en diversos foros, e permitirá descubrir ao Colón galego a través da Ría de Pontevedra á vez que se coñece o pasado, costumes, toponimia, tradicións e historias de navegación da propia Ría, portos de Marín e Pontevedra, o Gremio de Mareantes, Combarro ou Poio.
O departamento que dirixe Iván Puentes solicitou ante o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) unha subvención para a produción e realización da peza audivisual que asciente a 17.787 euros.
Pontes explicou que "esta peza audiovisual tamén poñerá sobre a mesa outras evidencias como a clebración da festividade da Virxe da O ou a súa firma notarial na súa Mayorazgo e nas Capitulacións", entre outras cousas.
En opinión do socialista, o estudo da figura de Colón e do seu tempo "é dunha enorme importancia para coñecer Pontevedra e a súa contorna, forma de vida, costumes e o seu pasado asentado nas bases dos gremios e do comercio marítimo".
Relacionadas:
-
Un documental recolle novos achados que reforzan a tese da orixe galega de Colón
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Cartoteca da Deputación pon a disposición do público a carta náutica cos 45 topónimos da ría de Pontevedra "que Colón utilizou en América"
Por Oskar Viéitez |
-
O GALP destina 773.000 euros ao financiamento de trece proxectos relacionados coa ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Opromar presenta o documental 'Bravas do mar' para reivindicar o papel da muller na pesca
Por Redacción |
-
O Faiado Memoria contribúe a un confinamento entretido con acceso libre a documentais
Por Redacción |